Wednesday 15 de May de 2024

Obradoiro de construcións de Nadal en 3D


O Concello de Ordes continúa co seu programa de Nadal, onde os máis novos e novas da casa son os máximos protagonistas. Deste xeito ao longo da mañá preto dunha trintena de nenos e nenas acudiron ao obradoiro de construcións de Nadal en 3D. Entre outras actividades realizaron adornos con distintos materiais que despois levaron para decorar os seus fogares.